Nesta época , en case todos os fogares, cocíñanse postres típicos como as filloas, as flores, ou as orellas. Estas últimas son a especialidade da miña irmá que moi amablemente ( non lle quedou máis remedio…) nos cedeu a receita . Pensaba titulalas “ As orellas de miña irmá “ ou “ As orellas de Ana” pero tiven medo de crear confusión…
Velaí vai esta receita da miña tradición familiar:
INGREDIENTES:
- ½ kg de fariña
- 150g de manteiga
- 3 ovos
- ½ vaso de anís
- reladura de limón
ELABORACIÓN:
Nun bol introducimos todos os ingredientes: a fariña,
|
a manteiga ( un pouco derretida ), |
|
os ovos, |
|
as reladuras de limón, |
|
e o anís,
|
e mesturamos coa man.
|
Engadimos fariña se é necesario.
A masa debe saír dos dedos con facilidade. |
Continuamos amasando fóra do bol ata conseguir unha masa branda pero compacta.
Untamos o mesado cun pouco de aceite e imos colocando enriba pequeñas bólas de masa . Estirámolas o máis finas posible axudándonos cun rolo.
Xa só queda fritir en aceite de oliva.
Para darlle a forma de “orella” empregamos dous garfos e mantemos a posición uns segundos.
Sacámolas antes de que se douren.
Deixámolas un momento sobre papel absorbente.
Cando xa as poñemos no prato definitivo engadímoslle azucre “glass” . Nós facémolo moendo o azucre normal e gústanos máis que o que se merca.
Verdade que é moi sinxela esta receita?
Xa veredes como… YUMMY YUMMY!