viernes, 24 de febrero de 2012

ORELLAS

Nesta época , en case todos os fogares, cocíñanse postres típicos como as filloas, as flores, ou as orellas. Estas últimas son a especialidade da miña irmá que moi amablemente ( non lle quedou máis remedio…) nos cedeu a receita . Pensaba titulalas “ As orellas de miña irmá “   ou   “ As orellas de Ana” pero tiven medo de crear confusión…
       Velaí vai esta receita da miña tradición familiar:

INGREDIENTES:
 - ½ kg de fariña
     - 150g de manteiga
         - 3 ovos
             - ½ vaso de anís
                 - reladura de limón  

                
ELABORACIÓN:
Nun bol introducimos todos os ingredientes:  a fariña,   


      a manteiga ( un pouco derretida ),



os ovos,

      
        as reladuras de limón,

 
e o anís,
















                 e mesturamos coa man.
 
              
             Engadimos fariña se é necesario.
                A masa debe saír dos dedos con facilidade.



Continuamos amasando fóra do bol ata conseguir unha masa branda pero compacta.
                               


Untamos o mesado cun pouco de aceite e imos colocando enriba pequeñas bólas de masa . Estirámolas  o máis finas posible axudándonos cun rolo.




                     
                                                                Xa só queda fritir en aceite de oliva.



Para darlle a forma de “orella” empregamos dous garfos  e mantemos  a posición uns segundos.



 Sacámolas antes de que se douren.
Deixámolas un momento sobre papel absorbente.



Cando xa as poñemos no prato definitivo engadímoslle azucre “glass” . Nós facémolo moendo o azucre normal e gústanos máis que o que se merca.



Verdade que é moi sinxela esta receita?
Xa veredes como… YUMMY   YUMMY!       


 

lunes, 13 de febrero de 2012

Marruchos?...

Hai uns días, o alumnado de francés de 4º da ESO  estivo cociñando unhas exquisitas...CRÊPES!
                             Uhmmmmmmmmmmm!  
Tamén fixeron  GAUFRES!
Estaba todo "DÊLICIEUSES!"
Esperaremos polas súas receitas ...


 
         

viernes, 3 de febrero de 2012

        Nada mellor para inaugurar este blog que unha receita elaborada por un grupo de alumnos e alumnas do 2ºciclo de primaria, no seu primeiro taller de cociña: Unhas exquisitas
           
                                                  " Pastas de Té "

                                                                                                         



     Xa que o evento deste ano é " Londres 2012 " cada quen comentou o que sabía sobre a gastronomía inglesa . Despois consultamos varias receitas a través de diversas fontes ( libros , impresas de internet...)




       Tendo en conta os ingredientes que había na cociña, o tempo co que contabamos... Decidimos elaborar a seguinte receita:


        Por se vos animades e a queredes probar, aquí queda tal e como a fixemos nós.



Ingredientes:
                             -50g de azucre glass
                           -190g de manteiga
                      -250g de fariña
                                                   -250g de chocolate de cobertura
 ( mínimo 55% )
                            -Guindas en xarope


         Preparación:


         Mesturamos moi ben a manteiga ( que ten que estar en "punto pomada") co azucre ata formar unha pasta cremosa.









 Podemos acender xa o forno a 200ºC


Engadimos a fariña peneirada ( " tamizada " ) e mesturamos ben.



















          Metemos a masa nunha manga pasteleira con boca rizada. Nunha bandexa forrada con papel para forno imos facendo as formas que mais se parecen ás típicas pastas inglesas.
















As guindas póñense nas pastas antes de metelas no forno.


Deixámolas 10 ou 12 minutos a 200ºC, ata que se poñan un pouco douradas.
Para poder decoralas co chocolate ( que derretemos no microondas) hai que esperar a que se arrefríen.



Xa só queda ... degustar!

   YUMMY 
                                                                YUMMY !


video


Propuxeron para o seguinte taller unha degustación de té.

Pero como ainda teñen que pasar polos talleres restantes ( de Arte, de Refugallo, de Xogos Matemáticos , de  Ciencia, de Educ. Física e de Poesía )... veremos o que pensan dentro de seis semanas.