" Pastas de Té "
Por se vos animades e a queredes probar, aquí queda tal e como a fixemos nós.
Ingredientes:
-50g de azucre glass
-190g de manteiga
-250g de fariña
-250g de chocolate de cobertura
( mínimo 55% )
-Guindas en xarope
Mesturamos moi ben a manteiga ( que ten que estar en "punto pomada") co azucre ata formar unha pasta cremosa.
Podemos acender xa o forno a 200ºC
Engadimos a fariña peneirada ( " tamizada " ) e mesturamos ben.
Metemos a masa nunha manga pasteleira con boca rizada. Nunha bandexa forrada con papel para forno imos facendo as formas que mais se parecen ás típicas pastas inglesas.
As guindas póñense nas pastas antes de metelas no forno.
Deixámolas 10 ou 12 minutos a 200ºC, ata que se poñan un pouco douradas.
Para poder decoralas co chocolate ( que derretemos no microondas) hai que esperar a que se arrefríen.
Xa só queda ... degustar!
YUMMY !
Propuxeron para o seguinte taller unha degustación de té.
Pero como ainda teñen que pasar polos talleres restantes ( de Arte, de Refugallo, de Xogos Matemáticos , de Ciencia, de Educ. Física e de Poesía )... veremos o que pensan dentro de seis semanas.
Xa probei a receita no cumpleanos do meu fillo Anxo, e estaba requeteriquíííísima
ResponderEliminarGrazas de parte de todos estos cociñeiriños/as. Os do vindeiro xoves non sei o que farán... Sorpresa!
EliminarCONGRATULATIONS boys and girls!! they look TERRIFIC!! ... mmm ... you know what I mean, don't you?!!
ResponderEliminarSó con mirar, fáiseme a boca auga!!
Ah!! e parabéns polo Blog!!
Thanks a lot ,Vicky! What a great surprise!
EliminarI´ll cook something like this for you whenever you want.
No blog seguiremos poñendo receitas Yummy Yummy.
Bicos.